Comunicannos dende a Oficina de Turismo de María Pita que as visitas nocturnas do cemiterio de San Amaro, membro da ASCE e do Itinerario Cultural de Europa, están absolutamente copadas ate o mes de decembro. Este ano completaremos o cuarto ano consecutivo con todas as visitas có número de prazas completo. Nestas visitas deixamonos fagocitar polo personaxe de Wenceslao Frenández Flórez, don Fiz de Cotobelo, o guía de Santas Compañas mais famoso do mundo.