Aquí estamos interpretando a Guillermo Wey para os participantes do I Encontro Internacional do Camiño Inglés. Foto de César Quián, La Voz de Galica

Aquí estamos interpretando a Guillermo Wey para os participantes do I Encontro Internacional do Camiño Inglés. Foto de César Quián, La Voz de Galica

O bachiller William Wey é un graduado en Teoloxía Sagrada da Universidade de Oxford e un dos fundadores do célebre Eton College baixo os auspicios do monarca inglés Henrique VI.

Peregrina ás tres cidades santas Roma, Xerusalem e Compostela. Pero a primeira é Santiago. Como resultado da súa peregrinación escribirá Itinerarium Peregrinacionis Magistri Wilelmi Wey non precisamente có latín clásico do humanista Aldo Manucio.

Visita Santiago no 1456, o santuario dos Apóstolos Pedro e Paulo en 1458 e Terra Santa en 1462.

Wey zarpa o 17 de maio de 1456 de Plymouyh en el Mary White (ese día zarparon seis naves cheos de peregrinos) e chega á Coruña e chega ó areal da Pescadería o 21 de maio. Grazas ao seu relato sabemos que ese ano 1456 era Ano Santo Xacobeo, o primeiro do cal se ten constancia e está documentado.

Logo de visitar Santiago regresou á Coruña. onde agarfou tres días para zarpar. Finalmente o 9 de xuño estaba de regreso na súa patria. Willia, Wey botou dous días de viaxe entre Coruña e Santiago e viceversa, outros dous en Santiago e sete en total na Coruña. En total 11 días en Galicia.

No 1857 o traballo de Wey foi editado en Inglaterra có título de The itineraries of William Wey, fellow of Eton College to Jerusalem A.D. 1458 and A.D. 1462 and to St James of Compostella A.D. 1456.

Wey recolleu esta cantíga en macarrónico latín internacional que recitaban os nenos da Pescadería coruñesa para pedirlles cartos ós peregrinos recén arribados.

 

Sancte Iaco a Compostel da vose leve a votir tere

Sancte Iaco bone baron da vose da da bon perdon

Bona tempe, bona vye, bona vente, bon perpassi

Da istes kee sunt assen una brank a vosse curtese.

 

 

Unha das primeiras mencións a Santiago, como apóstol de España, é a que fai o anglosaxón Saint Aldhelm (San Andelmo) a finais do sécuo VII e comenzos do VIII, que proclama que Santiago foi:

 

Primitus Hispanias convertit dogmate gentes.

 

Outro anglosaxón, Beda o Venerable, confirmaba a mesma crenza na súa Historia eclesiástica do pobo inglés (732), cando aínda non se descubrira o  sepulcro de Santiago en Galicia, nin existía, por conseguinte, a peregrinación.

Ernesto de Orden a fins do século XIV, conta a vida e proezas do heroe nacional escocés Robert Bruce, que foi tamén rei de Escocia. Este poema Bruce é un canto á independencia fronte ós ingleses.

Según as crónicas da época o rei escocés Robert Bruce prometera ir a loitar contra os musulmáns. Vendo que se lle acercaba a hora da morte sen ter cumplido esta promesa, chamou ós seus sus homes de armas e lles manifestou o seu desexo de que, unha vez morto, lle sacaran o corazón e o levaran con eles á guerra de Terra Santa ou de España. O valeroso e temible Sir James Douglas cumpreu o desexo do seu rei. Morre éste e Douglas leva, en efecto, o corazón do lexendario Robert Bruce nun pequeno cofre de prata colgada do pescozo. Arriba ó porto coruñés e visita Compostela. Chegados a Sevilla en 1330, o rei Alfonso XI de Castilla deulle o mando da vanguardia  nunha peligrosa acción contra os musulmáns. Douglas morre no combate. Para conectar esta magnífica epopeia en verso coa peregrinación a Santiago, Ernesto de Orden basease nun só verso:

 

He salit and left the grund of Spanie.

 

Grund ou The Groyne é unha forma de denominar á Coruña en inglés antígo.

John of Gaunt

Aínda que con fíns políticos, tamén chegou á Coruña Xoán de Gante, o Duque de Lancaster, un 25 de xullo Día de Santiago, para ser coroado rei de castela.

Hai outros peregrinos ingleses perfectamente documentados. Hai cabaleiros, nobles, cregos e xentes do común que constituen a maioría. Hai peregrinos singulares como Margery Kempe, Bumham de solteira e nada en King’s Lynn en 1373. Viaxeira infatigable, peregrinou por toda Europa e por Terra Santa. En xullo de 1417 chegaba a Compostela.

Xa en tempos da Reforma de Inglaterra de Henrique VIII temos a outro inglés, un médico chamado Andrew Boorde. Este hombre é autor da primera guía para viaxeiros escrita en inglés e publicada hacia 1547 baixo o título: The First Book of the Introduction of Knowledge.

Boorde visitou Compostela hacia o ano 1532 e, anos máis tarde, por segunda vez.