Categoría: Sen categoría

A Coruña oculta. Visita guiada

Sabados a las 12:00.

Encuentro: Monumento de Curros Enríquez de los Jardínes Méndez Núñez.

Precio: 10 euros.

Reservas: en el mail suso.martinez (necesario porque por custiones derivadas del distanciamiento social, seremos grupos de no más 11 personas)

Duración: 1 hora y media.

Paseo declamado y comentado por la historia e historias de A Coruña, desde la uilla romana de los Cantones hasta Santa María do Campo, pasando por la Pescadería. Historias, leyendas, literatura, A Coruña negra y menos conocida.

Pregón ao fermosísimo e dende logo histórico Nacemento da Parroquia de Santa Marta de Ortigueira (lido o 1/12/2019, cando orballaba na vila celta).

Autoridades civís desta condal e anterga vila, cregos, xentes de Ortigueira e de fora, saúde e moitas grazas.

Para este contador de historias, guía que guía turistas por Galicia adiante e interpretador da nosa Historia, é unha ledicia e grande honra dar o Pregón de apertura deste monumental Belén. E doulle as grazas ao párroco don Francisco Javier Martínez Prieto por darme a oportunidade de regresar á celta e fermosa, á verde e azul Ortigueira. Á terra do meu admirado don Federico Maciñeira Pardo de Lama, arqueólogo de aventuras, que tanto me fixo soñar nos meus anos universitarios. Por él, percorrín ese mítico camiño megalítico que leva dende a cunca das Pontes ata o antergo coído do porto de Bares, un dos cabos do mundo. Por él procurei en moitas ocasións os fornos dos mouros. O da Faladora, e tamén o da Coriscada. Este megalito ten unha cousa en común có grande dolmen de Dombate: que no interior da súa espesa mámoa agochábase outro dolmen máis antígo. O da Coriscada mesmo foi trasladado para a súa contemplación a uns metros deste fermoso templo parroquial de Santa Marta.

É esta pois unha historia anterga e de señorío, o medieval a cargo dos Condes de Ortigueira, mercede otorgada pola nova monarquía dos Tratámara aos Sarmientos. Pero antes, o establecemento desta nobra vila do Norte do Reino de Galicia polo rei sabio, por Afonso X, servido por Paio Gómez Chariño, o almirante da mar oceana que tan ben coñecía os riscos dos Farallóns e do Picón de Loiba. O Sabio non era rei tan conquistador como seu santo pai, pero foi trobador e protector de poetas. Nas súas cantígas descubrimos as miragres de Nosa Señora, e tamén as cantígas de loa á Nai do que o mundo a de salvar.

Nas súas cantígas descubrimos a Isaías, príncipe dos profetas aquí presente neste Belén, profetiçador daquel que quis carne filhar. Isaías é contemporáneo doutro profeta, Miqueas, que tamén aquí está presentando esta marabilloso Nacemento. Os dous viven nun momento de amargura e desesperanza para a nación de Israel, pois pouco tempo antes  de seu nacemento o reino de David e as tribos perderán o don da unidade. As tribos de Banxamín e Xudá escíndense do resto creando o reino de Xudá. Logo virá a perdición dos dous reinos. Primeiro o reino de Israel a máns do furor dos asirios, e logo a caída de Xudá e e esclavitude na nova Babilonia de Nabucodonosor, tan ben narrada por Daniel, o que sorrí no Pórtico da Gloria de Compostela.

Miqueas na súa profecía ou Libro, é o único que sinala a aldea de Bethlenem como lugar de nacemento do que quis carne filhar, como nos indica Día Baliño na cartela baixo o profeta:

E tí, Belén Efratá, tan pequena entre os clans de Xudá, de tí nacerá o que debe gobernar Isarel: a súas orixes remontanse ao pasado, a un tempo inmemorial.

Como Ortigueira e as súas terras. A un tempo inmemorial. Terra de maxia, de megalitos, de templos tan fascinantes como o da Nosa Señora de Portas ou Santo André de Teixido, claro.

Pois outra das miñas paixóns é o mundo da lírica medieval galego-portuguesa, e grazas ao reis sabio e conferidor de mercedes a Ortigueira, sabemos que o pobo galego establecía curiosas parentelas entre Nosa Señora e Isabel, á que consideraban súa cuñada. «E quis dultar, e anda por ende envergonhada». Tamén sabemos grazas ás Cantígas que o profeta Daniel era pastor, «que dita de pastor era».

Ben coñezo eu a estos dous profetas que nos presentan este marabilloso Belén, ao igual que todos os romeiros que chegan a Santiago, pois representados xuntos están na Porta Santa, sendo testemuñas de excepción daqueles que entran no templo na procura da mercede que outorgan os anos xubilares grazas á indulxencia concedida polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni de 1179 . Miqueas e Isaías forman parte desta estatuaria extraordinaria, óbra do mestre Mateo e que formaba parte do vello coro onde tomaban asento os coéngos da cabido presididos polo Deán. Os profetas e apostolos reresentados na Porta Santa son 24, incluídos os reis David e Salomón, e habría que engadir a a Simón o Cananeo e Ezequial no interior a ambos lados da dita porta. No exterior estos 24 profetas e apóstolos serán completados coas estatuas do XVII que representan a Santiago e os seus discípulos Teodoro e Atanasio, sumando todos 27. Existe a expresión en Santiago de «iso vaillo contar aos 27 da Porta Santa». E dous dos 27 son os profetas que aquí temos presentas.

Grazas, como vos dicía, por permitirme vir a Ortigueira, que me trae entrañables recordos de infancia. Durante as vacacións de Nadal, eu pasaba días en Loiba, na casa dos meus tíos e primos con ocasión da festa do San Xulián.

Eu e don Camilo Díaz Baliño compartimos un elemento vital. Os nosos pais eran das terras do Ortegal. O pai de Camilo, don Germán, foi da vila de Ortigueira. O meu, José Martínez Galdo, Pepe de Roque, da vila de Bares. Mesmo seus avós, Juan Ramón Díaz Piñeiro e María Dolores Teijeiro casaronse o primeiro de maio de 1847, un ano logo da Revolución de Galicia que rematou nos fusilamentos de Carral, que Camilo Díaz Baliño inmortalizará nas pinturas exibidas na inesquecible tournée de cinco meses que fai xunto coa coral ourensá Ruada por Arxentina, Brasil e Uruguai en 1931.

Os seus pais trasládanse a Ferrol, onde nace Camilo, na rúa Magdalena, sendo padriños do seu bautizo Bibiana Teijeiro, súa tía, e o médico de San Claudio, Juan Armada, pais por certo do xornalista Ramón Armada Teixeiro. Pero pronto a familia movese á Coruña, onde o adolescente Camilo estudia no colexio Dequidt bacherelato no cambio de século, para logo formarse en comercio.

Pero abraza a arte xunto aos irmáns indalecio e Xermán (eran 7 irmáns). Pide a beca da Deputación, pero non  a consegue. Finalmente,  seu pai logra que lle sexa concedida unha bolsa do Ministerio de Gracia y Justicia, e con ela trasladase a Madrid, con 16 anos.

Regresa logo desta formación á Coruña e monta taller xunto cós irmáns Indalecio e Germán, onde pintan carteis de cine, e coñece á súa dona, Antonia Pardo, nai dos seus tres fillos.

Colabora e traballa para o Cículo Católico Obrero. É galeguista tradicionalista.

Mesmo da clases de debuxo para o Patronato Católico de La Coruña.

En 1910 logra o emprego de Delineante da Deputación.

No 18 ingresan nas Irmandades da Fala.

Pero logo de 10 anos como delineante da Deputación, da un cambio á súa vida. Renuncia á praza e vai a Compostela en 1920 e abre taller en Hortas, 37 «Talleres de Escenografía y Propaganda». É escenógrafo, e así asina o belén que fai para Ortigueira 4 anos logo neste taller. En Santiago contacta có empresario Isaac Fraga, grande cliente.

Colabora no mundo formativo de Santiago. Traballa para o alcalde José Díaz Varela, para a Academia Gelmírez e tamén para a Real Sociedad de Amigos del País.

No 1923 fai o belén de Nosa Señora de Atocha da Coruña e no 1924 o de Ortigueira.

Como é iniciativa privada e case que familiar (as intruccións tívoas Cristina Teijeiro, filla dun primo do pai de Camilo, ata a súa morte), é mais atrevido e orientalizante cós elementos exiptizantes e o zigurat.

Pois no 1922 Howard Carter descubre a tumba de Tutankamón no Val dos Reis de Luxor, e a Exiptoloxía convértese nun fenómeno de escala mundial. O mozo faraón Tutankamón fora antes Tutankatón, e pertenceu á Dinastía XVIII e gobernou logo de Amenofis IV, o Akenatón que realizou a revolución solar monoteista de Amarna. Este xogo solar e exiptizante vemolo ma aspecto de Miqueas, e no sol alado da fronte do Belén. mesmo Isis, nai de Horus, é unha símbolo da Nosa Señora nai de Xesús, o neno que quis carne filhar nesta pequena aldea de Belén.

Camilo Díaz Baliño realiza no seu taller das Hortas de Santiago tamén a decoración pictórica. Non así as figuras, que proceden da afamada escola catalá de Olot. Vemos a torre de Herodes, que mais é un zigurat tamén orientalizantem cuase como unha Torre de Babel ou unha contrucción da Mesopotamia da Idade do Bronce.

Un belén dos tempos do Art Nouveu, un belén revolucionario no estético, mais un Belén que logo do pasar do tempo se converteu nun dos nacementos históricos mais fermosos e valiosos do patrimonio de Galicia, felizmente restaurado fai anos, orgullo desta vila e elemento atractivo para o turismo nestas fermosas datas de Nadal. E isto nunha terra, a cristiana Galicia, con unha moi anterga tradición de Beléns, pois hai quen non descarta que xa habría Beléns en Galicia en tempos do Imperio Romano, antes dos Suevos, no século IV, quizais introducidos por unha marabillosa muller peregrina de nome Exeria, que tería visitado os santos lugares e importado tradicións de Terra Santa. Que continúe enfín esta fermosísima tradición, e parabéns a todo o pobo de Ortigueira, e sobre todo aos cregos orteganos depositarios deste patrimonio e ao persoal que con tanto agarimo monta e desmonta o Belén seguindo as intruccións deixadas por Camilo Díaz Baliño, e coida do Belén mais monumental de Galicia. Dixit.

Realizamos con DMC Galicia Group Travel para Ministerio de Cultura y Deporte visitas guiadas de carácter especial por A Coruña para chavales de toda España. Visitamos los sitios y nos metemos en las historias de la Marineda de doña Emilia Pardo Bazán. En 2021 se cumplirá el centenario de su muerte Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Nos metemos en la piel de Valentín Beleño, que protagoniza el cuento «El engaño» (Cuentos completos, A Coruña, Fundación Fundación Barrié, Conde de Fenosa, 1990, T.III, pp. 26-28).
Un día, como hoy, llega a Autoridad Portuaria de A Coruña el crucero inglés Blue Star (la compañía del Titanic era la White Star). Desembarca una «inglesita» con su hijo. Pide a Valentín, a la sazón viceconsul del Imperio Británico, que les guíe a los campos de Dorantes, lugar de la célebre batalla donde muere John Moore.
Recorremos esta historia con los chavales, y al final descubren «el gran engaño». Y, claro, le dan a Valentín Beleño su merecido.

FONS VITAE. LAS VISITAS TEATRALIZADAS DEL PARADOR DOS REIS CATOLICOS DE SANTIAGO

Con motivo de la celebración del Mes de la Historia, organizado por Paradores, estoy realizando el precioso reto de encarnar a don Nicolás de Neira y Páramo, administrador del Real Hospital de Santiago en las visitas teatralizadas de uno de los edificios con mayor «genius loci» de Europa: el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago.

Las visitas son durante los viernes del mes de marzo y es necesario reservar plaza en la Recepción del Parador.

Ponte Ledesma, 1809. Visita dramatizada…das miñas

O primeiro domingo e segundo sabado de marzo daremos vida a don Benito Martínez, xefe militar da Xunta gubernativa da xurisdicción de Trasdeza, Provincia de Lugo, para realizar unha visita guiada das miñas á Ponte Ledesma e rememorar o que alí aconteceu nas xornadas do 6 ao 9 de marzo de 1809, fai agora 209 anos.

A Xunta, como en moitos lugares do Reino e da Monarquía, adoptou a soberanía e auto-organizouse na defensa dos dereitos do rei lexítimo Fernando, fronte á imposición napoleónica, comenzando en Galicia a «francesada», que marcará carácter nas terras do Val do Ulla, e lembrada de xeito claro por exemplo no atuendo dos «xenerais do Ulla» do entroido.

As terras de Trasdeza organízanse dende o campo da feira de Silleda e Benito decide adiantar a defensa mais alá da súa xurisdicción, mais alá do Deza e fortificar a Ponte Ledesma, sobre o Ulla, ponto necesario de comunicación na estrada que vai de Santiago a Ourense.

A idea é entropecer a comunicación deo dous corpos de exército do Imperio francés, o VI do mariscal Ney, o «Ajax da Grande Armée», que ocupa Galicia, e o II do mariscal Soult, o «mellor maniobreiro da Europa», estacionado en Allariz e preparado para realizar a II Invasión a Portugal.

Benito Martínez é veterano do Batallón Literario e ten experiencia na defensa de pontes estratéxicas, como o de Mansilla de las Mulas sobre o Esla. Organizará aos labregos de Trasdeza e do sur da Provincia de Santiago. O resto…contocho nestas 2 visitas ás que quedades convidados. Quedamos ás:

12:00 horas

Domingo 4 e sabado 10 de marzo de 2018.

Reunión: palco de música aos pés da Ponte Ledesma do lado de Boqueixón (A Coruña)…aínda que remataremos do lado de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra).

 

29 de decembro, 1808. Desastre francés en Benavente e Napoleón machaca ao Batallón Literario en León.

O exército británico de John Moore xa leva en retirada dende Noiteboa, unha vez que foi informado en Saldaña do tremendo panorama que se lle viña encima. En frente del, o VI Corp do Mareschal Jean de Dieu Soult, o Duque de Dalmacia, o mellor maniobreiro de Europa segundo Napoleón, ou «Duque of Damnation» a partires de agora para os ingleses, e seguindo un infernal ritmo,  Napoleón en persoa coa Garde Imperial dirixindose hacia él dende Madrid.

Plan de Moore: acabouse a festa en España. Escribelle ao xefe español Marqués de la Romana que inicia a retirada hacia o mar e que faga o favor de manterse en León vixiando moi atentamente a estratéxica ponte de Mansilla de Las Mulas, para evitar a grande ameaza de Napoleón, que non é outra que embolsalo entre él ao Sur e Soult ao Norte.

Nesta retirada, os británicos atopanse coa barreira que supón o río Esla, moi crecido nesta época. Cruzano en dous puntos: Moore envía á División dos escoceses de Davie Baird a Valencia de don Juan, situado ao Norte e  él coas outras tres Divisións cruza o Esla en Castrogonzalo, que está frente a Benavente.

Soult e o Emperador aceleran a marcha.  No Norte, Soult envía á súa División de cabalería ao mando do bravo xeneral Franceschi para reventar ao Exército de Galicia pola parte de Mansilla, e Napoleón envía aos «Invencibles de Austerlitz», aos Chaseur a Cheval do xeneral Lefebvre Desnouetes a Castrogonzalo para cruzar o Esla.

A xornada intensísima e memorable do 29 de decembro remata con con este resultado:

-No sector de Castrogonzalo a flamante cabalería da Garda Imperial de Napoleón cruza o Esla e chega a Benavente, onde son sorprendidos por unha brilante maniovra dos húsares británicos de Lord Paget. É un desastre para os franceses onde cae prisioneiro o mesmísimo xeneral Lefebvre, que estará preso en Inglaterra dous anos.

-Seguindo o curso do Esla arriba está Mansilla de las Mulas, defendido pola Segunda División do Ejétcito de la Izquierda[1], ao mando do xeneral Martiniego, cuns 3000 homes. Ahí tamén estaban os restos do Batallón Literario de Santiago. Franceschi carga cos Chaseurs a cheval do 22º Rexemento da súa División e produce a estampida dos defensores. É a desfeita do Exército de Galicia. O camiño de León queda liberado para as aguias napoleónicas.

A partires de aquí, o caos do exército español. Os supervivintes de Mansilla fuxen a León, onde cunde o pánico. La Romana e todo o exército español inicia a retirada a Astorga, deixando un feito tremendo de enfermos. Nun só día, o Ejército de la Izquierda cubre mais de 50 km a pé e chega destrozado a Astorga na noite do mesmo 29 de decembro.

Esperase a estocada dos franceses. A situación en Astorga é desastrosa. Os ingleses alucinan cando ven chegar a este exército en farrapos. O acordado con La Romana era que mantivera León e en caso de crise deixara libre Astorga e o camiño de Galicia para a retirada británica. Os dous exércitos xuntanse en Astorga. Non hai comida para todos, mais ou menos uns 40.000 homes. Os británicos perden a disciplina e botanse á bebida, e o exército español parece unha masa de vagabundos.

La Romana reúnese con Moore o mesmo 29[2] e traga naturalmente coas esixencias que lle impón o indignado xeneral escocés. Os británicos seguirán o camiño a Galicia primeiro, ocupando a ruta á Coruña por Villafranca e a carretera que vai a Ourense pasando por Foncebadón. Os españois que fagan o que podan.

La Romana decide continuar detrás dos británicos pola ruta menos masificada, a meridional que leva a Ourense e desmoviliza o que pode. A Xunta de Sevilla anima a enviar aos combatentes a casa para que formen na súa terra as alarmas e movilicen aos paisanos na Guerra irregular ou de guerrilla. Mesmo Pablo Morillo será comisionado pola Junta con este fín. Nominalmente o Batallón Literario deixa de existir en Mansilla. Son poucos os cadetes que non morreron a sablazos ou sobre todo nas camillas dos hospitais ou quedaron cautivos. Os irmáns Martínez, don Benito e don Gregorio, subtenentes, inician unha odisea polos montes do Bierzo e Lugo de regreso a súa casa. á Trasdeza.

 

[1] Logo da estrepitosa derrota de Espinosa de los Monteros o 11 de novembro de 1808, o xeneral Blake foi cesado pola Xunta Gubernativa, dende Sevilla, e sustituído polo Marqué de La Romana. Isto molestou ós oficiais do vello Ejército de Galicia e á propia Xunta Suprema de Galicia. A orde despois de Espinosa foi a reconcentración en León. La Romana reparteu os restos dos rexementos das súas cinco Divisións pola rexión de León, quedando estacionada a Segunda en Mansilla para a defensa da importante ponte sobre o Esla. Igualmente quedaron en Mansilla destacados elementos da Primeira División como o Batallón Literario ou Voluntarios de Santiago.

[2] Summerville dí que Moore non chega a Astorga ata o 30 de xaneiro. Christopher Summerville. La marcha de la muerte. RBA, 2006, pag. 87.

11 de diciembre 1808. Tranquilos en Salamanca

Aquí estamos en las visitas dramatizadas interpretando al Teniente General en el Jardín de San Carlos.

Sin novedad hoy.

El ejército británico de John Moore descansa y vive bien en Salamanca. Al resto de las fuerzas que vienen por la carretera de A Coruña al mando de Baird aún le quedan algunos días para llegar al punto de reunión.

Hace 209 años, esta era la situación:

-John Moore en Salamanca. Sabe que no hay ejército español en pié con el que colaborar y que está Napoleón con al menos 5 cuerpos de ejército con todos los veteranos de Tilsit.

-John Moore en Salamanca desconoce que los franceses no saben todavía donde está. En realidad, cree que están en Portugal.

-David Baird avanza a pasos forzados hacia Salamanca para que el ejército británico esté reunido y pueda maniobrar.

-Los pobres soldados gallegos y asturianos del ejército de Blake deambulan por las heladas montañas cántabras a sus casas o a León, donde se les ha ordenado que se reagrupen y donde les espera un nuevo jefe, el Marqués de «Romerías» La Romana.

Esto pasaba hace 209 años.

10 de diciembre de 1808…tal día como hoy hace 209 años

Sigue la tranquilidad en Salamanca. Es la paz que precede a la tormenta y a las penurias para el ejército británico.

A pesar de las catastróficas noticias que trae Thomas Graham de Madrid, Moore sigue optimista y pretende actuar. Para algo han venido hasta aquí, a pesar de la colaboración  cero de los ejércitos españoles, machacados por Napoleón. Encima, la Junta de Sevilla cesó a Joaquín Blake en el mando del Ejército de Galicia o de la Izquierda, hombre de orígen irlandés con el cual podría haber entendimiento. Al menos, de manera más clara que con el actual comandante español La Romana.

Moore dice «Acosaré las líneas de comunicación de los franceses para distraerlos. Así tendrán una oportunidad los españoles». Es decir, Moore se niega a retirarse y pretende hacer algo que sirva para «vender» en Londres.