En marzo regresamos coas visitas re-enactment de Turismo da Coruña, e xa van cinco tempadas consecutivas. Neste lustro, que se dí pronto, puxemos en práctica un modelo novedoso de vivir a interpretación do patrimonio con fíns turísticos. Tratouse de dar vida a determinados persoeiros relevantes da Historia da Coruña e de Galicia, ou ben do ciclo lendario, moi ben documentados, e deixar que foran eles, coas súas personalidades, os que nos amosaran os monumentos e exerceran de guías turísticos.
Persoeiros que son interpretados por guías que se documentan, historiadores, e fanáticos do personaxe, que se deixan fagocitar por él durante dúas horas, e engadindo unha paixón case que enfermiza có fundamento de facer esta visita igual a ningunha outra.
Deste xeito, damos vida aos seguintes personaxes:
-MIL ESPAINE. Extraído do ciclo mitolóxico irlandés. Descendente de Breogán e pai dos Milesios ou ben da estirpe celta. Explica a mitoloxía celta aos pés da universal Torre de Breogán ou de Hércules, servíndose da estatuaria e paisaxe presente nas 47 hectáreas do Parque Celta. Actúa todos os sábados. O arqueólogo André Peña Graña foi o asesor da vestimenta da Idade Heroica do Bronce, e o calzado é óbra do zoqueiro mindoniense Alberto Geada.
-DON EUSEBIO DA GUARDA. Prohome coruñés que amosa a cidade de fins do XIX que veu medrar ao adolescente Pablo Picasso, universal artista do século XX. Indumentaria extraída do retrato que lle realizou o pintor coruñés Gumersindo Pardo Reguera e bastón con cabeza de tero do Uruguai, réplica do orixinal, e documentación asesorada polo especialista xornalista Rubén Ventureira.
-DON MANUEL MARÍA PUGA PARGA, o coñecidísimo alcalde coruñés Picadillo, de comenzos do XX, autor de La Cocina Práctica, amosa o pazo municipal da Coruña e os seus tesouros. Indumentaria inspirada no retrato que lle realizou o pintor coruñés Manuel Abelenda Zapata.
-XOÁN FERNANDEZ DE ANDEIRO. O Conde de Ourém, alcalde da Coruña e grande ptotagonista da política europea do século XIV, amosa a Cidade Vella coruñesa. Indumentaria inspirada nos relator románticos do seu descendente o poeta Evaristo Martelo, conde de Almeiras.
-MARÍA PITA. Heroína coruñesa defensora da cidade na inglesada de 1589. Indumentaria inspirada no cadro de María Pita alférez de infantería do Museo Militar da Coruña.
-ANTONIO DE HEVIA PUMARIÑO. Cabo de Artillería do período de Afonso XIII. Explicanos a batería artilleira do Monte de San Pedro. A guerreira do cabo é orixinal e igual que a que luce o Marqués de San Martín no retrato realizado polo pintor Román Navarro.
-JOHN MOORE. Xeneral de Brigada británico, heroe da Batalla de Elviña. Explicanos o acontecido en 1809 servíndose do patrimonio do Parrote, Xardín de San carlos e Museo Militar. Uniforme inspirado no retrato do xeneral do pintor Lawrence.
-DON FIZ DE COTOBELO. Personaxe extraído da ficción do grande Wenceslao Fernández Flórez. Ánima guía de Santas Compañas de ánimas do Purgatorio. Trata de guialas ao Alén servíndose como escenario o histórico Cemiterio de San Amaro, membro do Itinerario Cultural Europeo.
Esta visita é outra historia. É filla dos eventos celebrados en 2012 para conmemorar o bicentenario do camposanto. Dende entón todas as visitas cubriron o seu tope de prazas, existindo lista de espera de meses. Probablemente trátase do noso maior orgullo, pois colaboramos en grande medida para por en valor este panteón de Galicia e do Atlántico. Trátase de algo mais que unha visita guiada. É unha interpretación do mundo da morte nos países celtas que humildemente cremos que ninguén se debería perder.
Xa saben, señores, anotense de balde na Oficina de Información da Praza maría Pita, ou ben chamando ao 981 923 093.