Autoridades civís desta condal e anterga vila, cregos, xentes de Ortigueira e de fora, saúde e moitas grazas.
Para este contador de historias, guía que guía turistas por Galicia adiante e interpretador da nosa Historia, é unha ledicia e grande honra dar o Pregón de apertura deste monumental Belén. E doulle as grazas ao párroco don Francisco Javier Martínez Prieto por darme a oportunidade de regresar á celta e fermosa, á verde e azul Ortigueira. Á terra do meu admirado don Federico Maciñeira Pardo de Lama, arqueólogo de aventuras, que tanto me fixo soñar nos meus anos universitarios. Por él, percorrín ese mítico camiño megalítico que leva dende a cunca das Pontes ata o antergo coído do porto de Bares, un dos cabos do mundo. Por él procurei en moitas ocasións os fornos dos mouros. O da Faladora, e tamén o da Coriscada. Este megalito ten unha cousa en común có grande dolmen de Dombate: que no interior da súa espesa mámoa agochábase outro dolmen máis antígo. O da Coriscada mesmo foi trasladado para a súa contemplación a uns metros deste fermoso templo parroquial de Santa Marta.
É esta pois unha historia anterga e de señorío, o medieval a cargo dos Condes de Ortigueira, mercede otorgada pola nova monarquía dos Tratámara aos Sarmientos. Pero antes, o establecemento desta nobra vila do Norte do Reino de Galicia polo rei sabio, por Afonso X, servido por Paio Gómez Chariño, o almirante da mar oceana que tan ben coñecía os riscos dos Farallóns e do Picón de Loiba. O Sabio non era rei tan conquistador como seu santo pai, pero foi trobador e protector de poetas. Nas súas cantígas descubrimos as miragres de Nosa Señora, e tamén as cantígas de loa á Nai do que o mundo a de salvar.
Nas súas cantígas descubrimos a Isaías, príncipe dos profetas aquí presente neste Belén, profetiçador daquel que quis carne filhar. Isaías é contemporáneo doutro profeta, Miqueas, que tamén aquí está presentando esta marabilloso Nacemento. Os dous viven nun momento de amargura e desesperanza para a nación de Israel, pois pouco tempo antes de seu nacemento o reino de David e as tribos perderán o don da unidade. As tribos de Banxamín e Xudá escíndense do resto creando o reino de Xudá. Logo virá a perdición dos dous reinos. Primeiro o reino de Israel a máns do furor dos asirios, e logo a caída de Xudá e e esclavitude na nova Babilonia de Nabucodonosor, tan ben narrada por Daniel, o que sorrí no Pórtico da Gloria de Compostela.
Miqueas na súa profecía ou Libro, é o único que sinala a aldea de Bethlenem como lugar de nacemento do que quis carne filhar, como nos indica Día Baliño na cartela baixo o profeta:
E tí, Belén Efratá, tan pequena entre os clans de Xudá, de tí nacerá o que debe gobernar Isarel: a súas orixes remontanse ao pasado, a un tempo inmemorial.
Como Ortigueira e as súas terras. A un tempo inmemorial. Terra de maxia, de megalitos, de templos tan fascinantes como o da Nosa Señora de Portas ou Santo André de Teixido, claro.
Pois outra das miñas paixóns é o mundo da lírica medieval galego-portuguesa, e grazas ao reis sabio e conferidor de mercedes a Ortigueira, sabemos que o pobo galego establecía curiosas parentelas entre Nosa Señora e Isabel, á que consideraban súa cuñada. «E quis dultar, e anda por ende envergonhada». Tamén sabemos grazas ás Cantígas que o profeta Daniel era pastor, «que dita de pastor era».
Ben coñezo eu a estos dous profetas que nos presentan este marabilloso Belén, ao igual que todos os romeiros que chegan a Santiago, pois representados xuntos están na Porta Santa, sendo testemuñas de excepción daqueles que entran no templo na procura da mercede que outorgan os anos xubilares grazas á indulxencia concedida polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni de 1179 . Miqueas e Isaías forman parte desta estatuaria extraordinaria, óbra do mestre Mateo e que formaba parte do vello coro onde tomaban asento os coéngos da cabido presididos polo Deán. Os profetas e apostolos reresentados na Porta Santa son 24, incluídos os reis David e Salomón, e habría que engadir a a Simón o Cananeo e Ezequial no interior a ambos lados da dita porta. No exterior estos 24 profetas e apóstolos serán completados coas estatuas do XVII que representan a Santiago e os seus discípulos Teodoro e Atanasio, sumando todos 27. Existe a expresión en Santiago de «iso vaillo contar aos 27 da Porta Santa». E dous dos 27 son os profetas que aquí temos presentas.
Grazas, como vos dicía, por permitirme vir a Ortigueira, que me trae entrañables recordos de infancia. Durante as vacacións de Nadal, eu pasaba días en Loiba, na casa dos meus tíos e primos con ocasión da festa do San Xulián.
Eu e don Camilo Díaz Baliño compartimos un elemento vital. Os nosos pais eran das terras do Ortegal. O pai de Camilo, don Germán, foi da vila de Ortigueira. O meu, José Martínez Galdo, Pepe de Roque, da vila de Bares. Mesmo seus avós, Juan Ramón Díaz Piñeiro e María Dolores Teijeiro casaronse o primeiro de maio de 1847, un ano logo da Revolución de Galicia que rematou nos fusilamentos de Carral, que Camilo Díaz Baliño inmortalizará nas pinturas exibidas na inesquecible tournée de cinco meses que fai xunto coa coral ourensá Ruada por Arxentina, Brasil e Uruguai en 1931.
Os seus pais trasládanse a Ferrol, onde nace Camilo, na rúa Magdalena, sendo padriños do seu bautizo Bibiana Teijeiro, súa tía, e o médico de San Claudio, Juan Armada, pais por certo do xornalista Ramón Armada Teixeiro. Pero pronto a familia movese á Coruña, onde o adolescente Camilo estudia no colexio Dequidt bacherelato no cambio de século, para logo formarse en comercio.
Pero abraza a arte xunto aos irmáns indalecio e Xermán (eran 7 irmáns). Pide a beca da Deputación, pero non a consegue. Finalmente, seu pai logra que lle sexa concedida unha bolsa do Ministerio de Gracia y Justicia, e con ela trasladase a Madrid, con 16 anos.
Regresa logo desta formación á Coruña e monta taller xunto cós irmáns Indalecio e Germán, onde pintan carteis de cine, e coñece á súa dona, Antonia Pardo, nai dos seus tres fillos.
Colabora e traballa para o Cículo Católico Obrero. É galeguista tradicionalista.
Mesmo da clases de debuxo para o Patronato Católico de La Coruña.
En 1910 logra o emprego de Delineante da Deputación.
No 18 ingresan nas Irmandades da Fala.
Pero logo de 10 anos como delineante da Deputación, da un cambio á súa vida. Renuncia á praza e vai a Compostela en 1920 e abre taller en Hortas, 37 «Talleres de Escenografía y Propaganda». É escenógrafo, e así asina o belén que fai para Ortigueira 4 anos logo neste taller. En Santiago contacta có empresario Isaac Fraga, grande cliente.
Colabora no mundo formativo de Santiago. Traballa para o alcalde José Díaz Varela, para a Academia Gelmírez e tamén para a Real Sociedad de Amigos del País.
No 1923 fai o belén de Nosa Señora de Atocha da Coruña e no 1924 o de Ortigueira.
Como é iniciativa privada e case que familiar (as intruccións tívoas Cristina Teijeiro, filla dun primo do pai de Camilo, ata a súa morte), é mais atrevido e orientalizante cós elementos exiptizantes e o zigurat.
Pois no 1922 Howard Carter descubre a tumba de Tutankamón no Val dos Reis de Luxor, e a Exiptoloxía convértese nun fenómeno de escala mundial. O mozo faraón Tutankamón fora antes Tutankatón, e pertenceu á Dinastía XVIII e gobernou logo de Amenofis IV, o Akenatón que realizou a revolución solar monoteista de Amarna. Este xogo solar e exiptizante vemolo ma aspecto de Miqueas, e no sol alado da fronte do Belén. mesmo Isis, nai de Horus, é unha símbolo da Nosa Señora nai de Xesús, o neno que quis carne filhar nesta pequena aldea de Belén.
Camilo Díaz Baliño realiza no seu taller das Hortas de Santiago tamén a decoración pictórica. Non así as figuras, que proceden da afamada escola catalá de Olot. Vemos a torre de Herodes, que mais é un zigurat tamén orientalizantem cuase como unha Torre de Babel ou unha contrucción da Mesopotamia da Idade do Bronce.
Un belén dos tempos do Art Nouveu, un belén revolucionario no estético, mais un Belén que logo do pasar do tempo se converteu nun dos nacementos históricos mais fermosos e valiosos do patrimonio de Galicia, felizmente restaurado fai anos, orgullo desta vila e elemento atractivo para o turismo nestas fermosas datas de Nadal. E isto nunha terra, a cristiana Galicia, con unha moi anterga tradición de Beléns, pois hai quen non descarta que xa habría Beléns en Galicia en tempos do Imperio Romano, antes dos Suevos, no século IV, quizais introducidos por unha marabillosa muller peregrina de nome Exeria, que tería visitado os santos lugares e importado tradicións de Terra Santa. Que continúe enfín esta fermosísima tradición, e parabéns a todo o pobo de Ortigueira, e sobre todo aos cregos orteganos depositarios deste patrimonio e ao persoal que con tanto agarimo monta e desmonta o Belén seguindo as intruccións deixadas por Camilo Díaz Baliño, e coida do Belén mais monumental de Galicia. Dixit.