O primeiro domingo e segundo sabado de marzo daremos vida a don Benito Martínez, xefe militar da Xunta gubernativa da xurisdicción de Trasdeza, Provincia de Lugo, para realizar unha visita guiada das miñas á Ponte Ledesma e rememorar o que alí aconteceu nas xornadas do 6 ao 9 de marzo de 1809, fai agora 209 anos.
A Xunta, como en moitos lugares do Reino e da Monarquía, adoptou a soberanía e auto-organizouse na defensa dos dereitos do rei lexítimo Fernando, fronte á imposición napoleónica, comenzando en Galicia a «francesada», que marcará carácter nas terras do Val do Ulla, e lembrada de xeito claro por exemplo no atuendo dos «xenerais do Ulla» do entroido.
As terras de Trasdeza organízanse dende o campo da feira de Silleda e Benito decide adiantar a defensa mais alá da súa xurisdicción, mais alá do Deza e fortificar a Ponte Ledesma, sobre o Ulla, ponto necesario de comunicación na estrada que vai de Santiago a Ourense.
A idea é entropecer a comunicación deo dous corpos de exército do Imperio francés, o VI do mariscal Ney, o «Ajax da Grande Armée», que ocupa Galicia, e o II do mariscal Soult, o «mellor maniobreiro da Europa», estacionado en Allariz e preparado para realizar a II Invasión a Portugal.
Benito Martínez é veterano do Batallón Literario e ten experiencia na defensa de pontes estratéxicas, como o de Mansilla de las Mulas sobre o Esla. Organizará aos labregos de Trasdeza e do sur da Provincia de Santiago. O resto…contocho nestas 2 visitas ás que quedades convidados. Quedamos ás:
12:00 horas
Domingo 4 e sabado 10 de marzo de 2018.
Reunión: palco de música aos pés da Ponte Ledesma do lado de Boqueixón (A Coruña)…aínda que remataremos do lado de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra).