«Todolos os galegos temos o deber de facer exame de conciencia acerca da nosa conducta en América.

Dígovolo eu,  que mesmo fun americano»

 

Antón Vilar Ponte. Almas Mortas, 1922.

 

Esta non é a Galicia de verdade.

Non poñan esa cara, pois Dublín tampouco é a Irlanda de verdade. Eu doulles a miña palabra de honra ós numerosos amigos que nos acompañan e enchen ó noso Ribadeo dende os diversos puntos de España que si marchan a Buenos Aires ou Montevideo, alí chamarannos «gallegos» independentemente da súa orixe. Mellor que Buenos Aires, hai unha cidade do universo galeguista que nos fai arrepiar de emoción nada mais pronunciar o seu nome. A perla do Caribe. A patria de Lugrís ou Antón Vilar Ponte. La Habana.

 Vaian aló. Situénse de fronte ó Capitolio de La Habana, símbolo da nova república. E miren logo ás costas, e verán o Centro Galego, vello Teatro Nacional, onde naceron o Cículo Habanero da Devesa e a Unión Rinlega de Jesús Rodríguez Murias,  e entón daranse conta que os galegos na matria somos dados a quitarnos os ollos uns aos outros dende os tempos dos celtas, pero fora, lonxe da xesta e do orballo, fora do país, facemonos grandes, xigantes. Aló escribía Curros. O mestre Chané púñalle música.

Aló fixestes todo: os símbolos, a bandeira (salvidade feita do escudo do Santísimo Sacramento, o mais antígo da Cristiandade, establecido por Requiario no 411), o himno…mais insisto, o mesmo fixeron os irmáns de Eire.

A vella Esmeralda Illa vese dende a Atalaia de Ribadeo según a lenda. As súas xentes e historia son as nosas xemelgas: emigrantes, celtas, cristiáns, traballadores, poetas e soldados, festeiros, a crise da pataca, a fame negra, a Liga Gaélica, A Liga Gallega de Murguía, Pearse, Vilar Ponte, O´Donovan Rosa, Pondal, de Valera, Castelao.

Os americanos irlandeses fixeron todo en New York. Nós na nosa América.  Hai algo mais entrañable para nós que dicir Buenos Aires, Montevideo, Caracas ou La Habana? Tamén nos EEUU. Pois a nosa xente da Devesa en Tampa e Miami fixeron da Florida tamén parte da nosa América.

Os arxentinos e uruguaios eramos comerciantes, dependentes de tendas, fruteiros, hostaleiros, e os mellores contables de miles de empresas familiares. Os cubanos, en cambio, solían ser torcedores de tabacos nos «chinchales» na Habana ou nos enxeños das aldeas caribeñas, como os Murias en Dimas ou Puerta de Golpe.

Tras un fugaz paso por Buenos Aires, o destino levoume ós pagos gauchos da República Oriental, á que non tiven mais remedio que fundirme ó seu destino como un patriota uruguaio e gaucho mais, mais un galego uruguaio…pois a condición de galego é un privilexio de carácter universal. Deste xeito, hai millóns de galegos arxentinos, venezolanos ou cubanos.

No Tala inventei da nada cá tecnoloxía do ciclostyle o Tala Cómico, e deume por cultivar as letras, cousa que sempre me reinou. Nas mulleres e homes do interior do Plata vín as mulleres e homes traballadores da Devesa ou da Rochela, os mariñeiros rinlegos,… mulleres feras e valentes, depositarias dunha tradición nacional. Non puiden mais que adoptalos e facer dos seus acentos os meus e da súa ialma a miña. Deronme logo en chamar o intérprete do espíritu gaucho, e mesmo representado fun a cabalo como un vaqueiro daqueles pagos, heroicizado polo pintor de Ribadeo Amando Suárez, mais eu sempre me considerei un home normal, un ribadense, que a aventura da vida e da xuventude levoume por sendas insospeitadas. Este sempre será o embruxo do apaixoante e longuísimo XIX e comenzos do XX, que rachou tempos e velocidades, tradicións e vellos rexímes. Vivíamos o final dunha forma de vivir e a Fortuna quén diós sabe o que nos depararaía tras do Ultramar, tan loxe do noso e dos nosos.

Tras os estudios na Escuela náutica y de comercio entre os anos 72 e 75, saín do meu Ribadeo can catro farrapos e os cartiños para o xusto en Buenos Aires…

…emigrado camiño de América

vai o infeliz Amador…,

como dicía o grande Curros, que morreu aló na Habana e os galegos trouxemos a súa bendita reliquia coma un pino seco, «leixado do vento, coma botado polo Mar de Niñóns» en 1907, un ano despois da miña estadía entre vos, cando regresei ó meu Ribadeo para facer unha fugaz visita á terra e ós mortos. Curros foi sepultado no Santo Amaro da Coruña, moi pretiño de don Segundo Moreno Barcia, gran prócer de Ribadeo, avogado e mestre na Escola Nautica (edificio que hoxe é biblioteca e que leva o meu nome), gran defensor da sagrada Galicia, librepensador e grande republicano. O seu periódico, «La cuenca del Eo» editado entre 1866 e o 67 deixou unha brisa liberal que moito corroía á curandalla trinitaria de Mondoñedo, os mesmos que despedazaron ó bon Raimundo Ibáñez, que por certo nunca quixo ser marqués. Tamén aquí, na Devesa, está o cemiterio dos indianos. Dende aquí solicito ás autoridades celo e protección en canto ben moble senlleiro, testemuña da epopea dun pobo. Aló descansa don Pedro Murias.

Na metrópole bonaerense entroume a negra sombra que a todos os galegos e astures nos toma cando eramos recén chegados ó mundo novo. Blanco Amor chamoulle «o sentimento». Non facía mais que mirar ós grandes clipers que zarpaban a Vigo (até alí logo chegou cargado nun vapor o meu busto de ferro desta praza, cousas da vida, ou os camiños da vida como diría o grande don Ramón Otero Pedrayo). No porto da Boca, eu ollaba ás pombiñas arxénteas mensaxeiras, e unha naiciña me falaba ó oído…

«pombiña mensaxeira, fálalle ós emigrados, que lonxe da patria súa penan». Rosalía é a «abueliña» de todos, comprensiva. É a naiciña e esposa santa que o emigrante deixaba na aldea…sempre Xonxa!

Na Arxentina urbana coñecín o século e os seus vicios. Galegos, italianos e irlandeses entendíamonos no lunfardo da Boca. Xa consagrado como o poeta do Uruguai, escribín letras universais para os tangos de Carlos Gardel. Gardel era un xigante. Dos seus ollos emanaba luz. Era un Apolo. Era especial. E como moitos especiales, desaparecido nun mal do século: os desastres ou accidentes dos enxeños e máquinas de transporte. Gardel morreu dentro do seu avión que se precipitou en Colombia; e o grande actor galego Bernardo Jambrina, que saíra da Escola Galega de Declamación das Irmandades da Fala, cargado dos laureis do triunfo americano, morreu nun accidente de auto, non moi lonxe de aquí, cando índo de tourné ía estrenar en Avilés.

O tango é lamento de home, débese cantar con un lume aceso no peito e con máns e pés de xeo. É un lamento retorcido que se debe domar, como o sonido das gaitas.

Eu escribín para él Insomnio:

«Tuíto es frío

tuíto es miedo dentro.

Y las horas pasan y yo no me duermo.

Y allá en lo profundo de mi pensamiento,

arden encendidos dos hojos matreros,

que los llevo adentro.

Pucha! que son largas las horas de invierno»

Xa feito un home de mundo regreso á Terra. Veñovos a ler con grande emoción o Pregón do meu Ribadeo Indiano, a festa mais luminosa e bonita do mundo enteiro! Veño do meu Uruguai, e aquí me tedes có meu aspecto de 1906, con 50 anos xa feitos, mais sen o moustache e o aspecto de patricio senectatis do meu busto do grande escultor Sanmartín. No 1906 tamén morreu na Habana o emperador de los campos de Cuba, Pedro Murias, sen fillos. Deixou os cartiños guardados para realizar nos campos de Ribadeo un soño: unha moderna escola de capacitación agraria. Fíxose unha xunta de patronos e vincularonse ós alcaldes de Ribadeo no seu rol de executores da alta misión. Un destes alcaldes chegará a ser Pancho Maseda, alcalde que foi moitos anos. Eu querolle moito pero foi alcalde durante as duas homenaxes que se me fixeron: no 1946, coa presencia do presidente da RAG o grande Manuel Casás; en en 1957, con ocasión do centenario do meu nacemento.

Podemos dicir con grande solemnidade o que dicía son Manuel Casás: estudiar en Compostela, era un punto; estar aloxado na Casa da Troia eran dous puntos, e fumar un puro La Devesa eran tres puntos.

Vexo dende aquí a torre de Santiago de Castropol, e a melancólica Alameda. Alá aínda me vive (recorden que estamos no 1906) a miña nai, meu irmán Ramón, Carmen e a miña sobriña Paquita, a que me guarda os papeliños.

Quero lembrarme do grande descubrimento que o meu pobo de Ribadeo fixo da miña figura. Foi no ano 1946, tres anos antes que o cementerio habanero da Devesa se rematara e catro anos antes do traslado das cinzas do cidadán ribadense Pedro Murias. Grande homenaxe se me rendeu grazas ós desvelos de don Dionisio Gamallo Fierros, cuxa estatua está no mesmo Campo da Feira, como que mirando fixamente cá súa gorra ó meu busto, traído da América no 1957.

Quixeron os galegos de entonces que aquel acto non fora só a homenaxe da miña vila condal de Ribadeo, senón a homenaxe de todo o vello reino de Galicia. Asistiu o presidente da Real Academia Galega, o procer coruñés e vello estudante troiano don Manuel Casás. Aqueles días recitáronse versos de Rosalía, puxose o meu nome á miña rúa costa abaixo ou costa arriba… depende de onde se mire…, do vello valado medieval da vila, instalouse na miña fachada a placa cás armas mais antígas da Cristiandade Occidental e da independencia americana: Galicia e Uruguai.

Aquí onde me tedes, tamén un gran naviego. Cando ofenden a Asturias, para mín e como se ofenderan á miña sagrada Galicia. Mesmo se xogou un partido clásico de futbol entre o Ribadeo, que viste cás cores do vello pabellón naval e polo tanto igual que á miña selección de Uruguai Campeona del Mundo, contra o Navia.

Ós de Ribadeo o de emigrar xa nos ven de lonxe. Dende esta costa os celtas milesios zarparon das praias das Augasantas para conquistar Irlanda, os seus fillos regresarían logo acaudillados polo bon bispo Maeloc, que quere dicir en gaélico algo tan ribadense como «o meu santiño». A Ría estaba inzada de castros a xeido de fortalezas para defendernos de quén viña cruzando as ondas. Os templarios, que sabían que por aquí pasan os camiños sagrados mariños que levan a Compostela, sentaron presencia. Por aquí pasaron peregrinos santos. Mesmo dín que Santo Domingo zarpou dende Porcillán hacia o país de Oc para predicar contra os albigenses. Antes, o outro grande pobriño, Francesco, debeu pasar por aquí cando se dirixía fai 802 anos a Compostela e a África. Se él non, de seguro os seus primeiros seguidores, pois este Campo de San Francisco veu agromar unha das mais antígas comunidades do cordón xunto cá de Viveiro. Neste Campo vexo nas noites milleiros de espectros e pantasmas dos tempos medievais. Aquí estivo a Colexiata de Santa María, que atesouraba o corpiño, o corpo santo, de Paio Cebeira, de cando Ribadeo pasou a ser a sede episcopal no sitio de Mondoñedo. Mais adiante, a derrota da boa nobleza trouxo ó bastardo Henrique o das dádivas ó trono, e Ribadeo foi trocado en rubí para a coroa condal dun nobre franco das compañías brancas, Pierre de Villaines, que non estivo aquí nin se lle esperou, como ó resto dos grandes condes como o célebre Rodrigo de Villandrando. Aínda así os condes tiñan unha fortaleza con duas torres aquí, como símbolo da inxustiza e opresión. O grande arquitecto de Bueno Aires Julián Sánchez transformou as torres dos condes nas torres, mais que Torre, dos irmáns Moreno, don Juan e don Pedro. Vemos aquí, onde se erguía o símbolo da opresión a gloria do Modernismo catalán (pois o arxentino Julián García era seguidor do seu mestre Puch i Cadafalch). Este Julián García fixo equipo en Ribadeo có enxeñeiro Angel Arbeitx e traballan seguramente no chalet da Calzada, unha verdadeira Casa de les Puntches na Avenida dos Indianos. Modernismo mezclado con arquitecturas indianas.

Mais que arquitectura indiana, hai que falar da arquitectura do país, erguida por mestres de óbra do país, que executan proxectos americanos, con elementos americanos, pero con solucións autoctonas.

Veñan…veñan ós nosos Grandes Paseos e falaremos de sotabancos, barandas, palmeiras, araucarias, Margaritas Places, gurugús, balcóns imperias…mais tamén do espríto e da ialma. Falaremos do material e do inmaterial.

Grazas de corazón a vós, ribadenses, que organizades esta festa á altura da grandeza desta vila condal, Porta Norte de Galicia. Grazas ós organizadores. E grazas ó mellor alcalde da historia contemporánea de Ribadeo, don Fernando, de alma uruguaia como este servidor que lles leeu este Pregón.

 

Salúde! Saúde! Saúde!